Plan de implementación
Que actuacións se ten previsto implementar?
O Goberno municipal articulou unha serie de liñas de actuación para impulsar a implantación do uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), e a rehabilitación urbanística, económica e social do municipio.
Mobilidade
PROMOCIÓN DA MOBILIDADE, ACCESIBILIDADE URBANA SUSTENTABLE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA DE PEREGRINOS E ESCOLARES
Obxectivos que persegue:
Converter o centro de Redondela nun “espazo amable” para a cidadanía, coa intervención neste espazo público, a través dunha nova ordenación do tráfico rodado e as prazas de aparcadoiro, para xerar unha mobilidade máis sustentable que incida na mellora da calidade do espazo urbano e na súa activación social, cultural e económica. Estas actuacións comezarán a implementarse nos tres núcleos con maior densidade de poboación, acercando os equipamentos públicos á cidadanía.
Garantir a accesibilidade universal de toda a cidadanía a equipamentos públicos e infraestruturas.
Aumentar a seguridade de peóns, en especial a de escolares e peregrinos, coa consecuente redución no número e a gravidade dos accidentes de tráfico.
Reducir as emisións contaminantes producidas polo tráfico rodado.
Eficiencia enerxética
MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS E ILUMINACIÓN EXTERIOR, E FOMENTO DAS ENERXÍAS RENOVABLES EN EQUIPAMENTOS PÚBLICOS DE NOVA CONSTRUCIÓN
Obxectivos que persegue:
Aplicar mecanismos para o aforro e a diversificación enerxética.
Mellorar a eficiencia enerxética de edificios públicos e iluminación pública exterior.
Fomentar o uso de enerxías renovables.
Reducir o número de emisións de CO2.
Novas Tecnoloxías
AXENDA DIXITAL. ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Obxectivos que persegue:
Transformar Redondela nunha cidade smart.
Fomentar a Administración electrónica.
Fomentar a participación cidadá nos procesos de gobernanza e implantación da DUSI Redondela 2020.
Promoción Económica, Cohesión Social e Deporte
MODERNIZACIÓN DO TECIDO COMERCIAL
Obxectivos que persegue:
Modernizar e mellorar a competitividade dos establecementos comerciais.
Poñer en valor os produtos endóxenos do territorio, especialmente do sector agroalimentario.
Permitir impulsar as zonas comerciais e hostaleiras.
Fomentar o emprendemento comercial.
Crear emprego.
Fomentar a cohesión social.
Mobilidade
TRANSPORTE URBANO SUSTENTABLE ENTRE PARROQUIAS
Obxectivos que persegue:
Diminuír os atascos e os efectos derivados da conxestión: ruído, contaminación atmosférica,contribución ao efecto invernadoiro e accidentes.
Reducir o tempo de viaxe.
Mellorar os servizos de transporte público.
Mellorar as condicións de accesibilidade para todos os habitantes, incluídas as persoas con mobilidade reducida.
Mellorar a saúde dos habitantes grazas á redución da contaminación e o ruído, e tamén grazas á promoción de hábitos máis saudables, como camiñar ou ir en bicicleta, así como a delimitación de áreas da cidade de baixa contaminación.
Medio natural
REDUCIÓN DA CONTAMINACIÓN A TRAVÉS DA CREACIÓN DE NOVAS SENDAS VERDES E PASEOS PEONÍS QUE POÑAN EN VALOR O PATRIMONIO MEDIOAMBIENTAL, ARQUITECTÓNICO, HISTÓRICO E CULTURAL DE REDONDELA, E A RECUPERACIÓN, MELLORA E COIDADO DO ESPAZO PÚBLICO E AS ZONAS NATURAIS
Obxectivos que persegue:
Recuperar o espazo público dispoñible, como zonas verdes.
Mellorar, en consecuencia, as condicións de accesibilidade para toda a poboación, incluídas as persoas con mobilidade reducida.
Mellorar a saúde da cidadanía grazas á redución da contaminación e o ruído, e á promoción de estilos de vida saudables, como camiñar ou ir en bicicleta, así como a delimitación de áreas da cidade de baixa contaminación.
Promoción Económica, Cohesión Social e Deporte
MELLORA DA ATENCIÓN SOCIAL
Obxectivos que persegue:
Mellorar os servizos de asistencia social.
Ampliar a oferta de servizos sociais.
Protexer os colectivos máis desfavorecidos.
Fomentar a cohesión social.
Promoción Económica, Cohesión Social e Deporte
CREACIÓN DE NOVAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Obxectivos que persegue:
Contar cun maior número de instalacións deportivas na cidade.
Ter unha maior variedade de instalacións deportivas.
Mellorar a saúde da poboación grazas ao fomento de actividades deportivas.
Fomentar a cohesión social.
Patrimonio histórico e cultura
RECUPERACIÓN, REHABILITACIÓN E MELLORA DA SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO E CULTURAL
Obxectivos que persegue:
Incrementar o número de visitantes, para producir efectos directos positivos sobre sectores como a hostalería e o comercio polo miúdo.
Conservar o patrimonio histórico e cultural.
Mellorar os bens de interese patrimonial e cultural e os espazos públicos.
Patrimonio histórico e cultura
CREACIÓN DE NOVOS ESPAZOS CULTURAIS
Obxectivos que persegue:
Contar cun maior número de espazos dedicados á cultura.
Ter unha maior oferta cultural.
Atraer un maior número de visitantes.
Fomentar a cohesión social.
Novas tecnoloxías
POSTA EN VALOR DOS RECURSOS HISTÓRICOS, CULTURAIS E MEDIOAMBIENTAIS A TRAVÉS DAS TIC
Obxectivos que persegue:
Incrementar o número de visitantes.
Informar sobre o patrimonio ambiental, histórico e cultural da cidade.
Patrimonio histórico e cultural
CREACIÓN E PROGRAMACIÓN DE NOVOS EVENTOS E RUTAS CULTURAIS
Obxectivos que persegue:
Contar cun maior número de eventos.
Contar cunha maior oferta cultural.
Contar cun maior número de visitantes.