dusi Redondela 2020

Procedemento de selección de operacións

Neste documento establécense as bases do procedemento de selección de operacións de execución directa polos departamentos municipais que conforman a Unidade de Execución da EDUSI do Concello de Redondela. Este procedemento aplicarase, por tanto, ás operacións cuxo inicio e execución corresponden ao departamento que presenta a solicitude, o cal terá a consideración de beneficiario para os efectos do artigo 2 do Regulamento (UE) n.º 1303/2013, e deberá asumir todas as obrigas e compromisos que se especificarán no documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA), que lle será entregado conforme ao disposto no artigo 125.3 c) do Regulamento (UE) n.º 1303/2013 e o apartado 2.3.3 do Manual de procedemento para a selección de operacións do Concello de Redondela.