Redondela2020

Selección de operacións

Neste documento establécense as bases do procedemento de selección de operacións de execución directa polos departamentos municipais que conforman a Unidade de Execución da EDUSI do Concello de Redondela. Este procedemento aplicarase, por tanto, a aquelas operacións cuxo inicio e execución corresponde ao departamento que presenta a solicitude, o cal terá a consideración de beneficiario para os efectos do artigo 2 do Regulamento (UE) nº1303/2013, e deberá asumir todas as obrigacións e compromisos que se especificarán no documento polo que se establecen as condicións da axuda ( DECA), que lle será entregado conforme ao disposto no artigo 125.3 c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e o apartado 2.3.3 do Manual de Procedemento para a selección de operacións do Concello de Redondela.