Un dos 🎯 aos que se enfronta #Redondela2020 é a preservación e protección do medio. Isto poderase conseguir mediante a creación de novas sendas verdes e paseos peonís que poñan en valor o patrimonio ambiental, arquitectónico, histórico e cultural de Redondela....

A cidadanía poderá gozar dunha cidade comprometida co seu contorno, tanto desde o punto de vista ambiental como no relativo aos elementos culturais e históricos, con elementos arquitectónicos de vangarda, e onde as infraestruturas están dotadas de solucións tecnolóxicas avanzadas para facilitar a interacción das...

Un dos obxectivos temáticos da #DUSI #Redondela2020 é favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores, mediante a promoción dunha mobilidade sustentable, a mellora da eficiencia enerxética e a utilización das enerxías renovables como fontes de produción de enerxía....

É a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado ( EDUSI) que implementará accións que convertan Redondela nunha cidade amable, conectada e competitiva, co patrimonio ambiental, histórico e cultural como eixe vertebrador da actividade económica....