dusi Redondela 2020

Criterios de selección de operacións

Na Edusi Redondela 2020 definíronse, para cada liña de actuación, uns criterios para a selección e a priorización das distintas operacións que se van financiar.

En xeral, a selección de operacións estará rexida polos principios de igualdade entre beneficiarios; eficiencia, eficacia e sustentabilidade das operacións; transparencia dos criterios de selección e capacidade dos beneficiarios para implementalos; e aliñamento estratéxico con outras operacións e instrumentos.

Ademais, as operacións deberán:

  • Contribuír á Estratexia DUSI.
  • Contribuír ao Programa Operativo.
  • Abordar os problemas dunha forma integrada e mostrar vínculos claros con outras intervencións ou operacións coexistentes.
  • Medirse a través dos indicadores de produtividade do anexo VIII, sempre que sexan coherentes cos obxectivos temáticos nos que se engloba a actuación.