A implementación da DUSI terá como obxectivo camiñar cara a unha “cidade amable, competitiva e conectada”, vertebrada a través do patrimonio medioambiental, histórico e cultural. A cidade que temos require desenvolver un modelo de “futuro” que aborde os retos estratéxicos, sociais, ambientais, climáticos, económicos e de gobernanza, baixo as dimensións de equidade social, sustentabilidade do territorio, competitividade económica e gobernanza, para converter a Redondela nunha cidade máis sustentable e amable, que sitúe a cidadanía no centro das políticas públicas.
DESENVOLVEMENTO
URBANO SUSTENTABLE
Período 2014-2020
O desenvolvemento urbano sustentable fai referencia á mellora duradeira e a longo prazo das condicións sociais, económicas e ambientais dunha área urbana.
Cada vez é máis evidente que os distintos retos, económicos, medioambientais, climáticos, demográficos e sociais aos que se enfrontan as zonas urbanas están interrelacionados e o éxito do desenvolvemento urbano só pode lograrse a través dun enfoque integrado.
O Goberno municipal articulou unha serie de liñas de actuación para impulsar a implantación do uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), e a rehabilitación urbanística, económica e social do municipio.